Notice: Undefined variable: LISTA2 in /Library/WebServer/Documents/salax/_lib/_inc_actividades.php on line 291
Sala X | Vicerreitoría do Campus de Pontevedra :: Exposicións
Casa das Campas
Sala X Exposicións

Exposicións

 
 

2014.06.18
NÍVEL FÉRTIL

Exposición

Creación e dirección do proxecto: Monse Cea

Coordinación: Alba Marinha

A mostra

Trátase dunha reflexión a dúas bandas arredor da soterrada represión feixista na Galiza. Formalmente, a mostra resolverase mediante un formato de site specific que excederá o marco dos espazos expositivos asignados coa intervención do espazo público da cidade. A mostra non se presenta como o clásico formato de diálogo, senón como dúas mostras individuais reunidas baixo o mesmo discurso comisarial.

Desenvolverase nos espazos Sala X, sala de exposicións da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, organizadora desta iniciativa, e Casa das Campas, edificio de servizos culturais pertencente a Vicerreitoría de Cultura do Campus de Pontevedra, Universidade de Vigo.

Os artistas

Marta Prieto e Jorge Varela, dende prospectivas e liñas de investigacións diferentes, reinterpretan a historia mutilada que herdamos: Varela dende a forma mentis dun ficticio investigador que documenta os lugares das 22 fosas de persoas represaliadas documentadas no País.Marta Prieto, dende a primeira persoa, reivindicase como vítima inter-xeracional da represión a través  da figura do seu avó, asasinado pólos sublevados nos primeiros tempos da Guerra Civil. 

A comisaria do proxecto, a parte do seu interese persoal por reivindicar a investigación dunha historia que nos foi negada, cree firmemente no poder da arte como fonte de creación, análise e transmisión epistemolóxica, sen que esta calidade vai en menoscabo da súa autonomía discursiva.

A proposta de Jorge Varela desenvolverase arredor da peza Proxecto sen nome: sinalización das pezas do franquismo. Como xa mencionábamos anteriormente, a peza ten a forma de un proxecto de investigación convencional: presentación de fontes, proceso de documentación dos hachados..., máis as conclusións corren a cargo d@s usuarias da peza.

A obra rompe o seu cartesianismo visual con un discurso paralelo cargado de fina retranca, como exemplo disto, unha das pezas que compoñen o proxecto é o suposto cartel publicitario  onde podemos ver os logotipos dos organismos que na teoría o financian, A Consellería de Presidencia e unha imaxinaria Dirección Xeral de Memoria Histórica.

A pretensión de verosimilitude desta suposta investigación científica, leva ao artista a documentar en vídeo os lugares nos que se sitúan as 22 fosas do fraquismo, a ceo aberto, documentadas na Galiza.

O concepto de site specific desenvolvese cun sinal múltiple, a tamaño real, cós 22 lugares das fosas, que o artista situará no monumento aos caídos  da Alameda pontevedresa.                                                                         

A proposta de Marta Prieto, enmarcada dentro dunha arte onde o persoal é político, céntrase nun feito da memoria persoal que agora acadará a visibilidade, que non a categoría, de feito histórico: o asasinato do seu avó, na cidade de Lugo, no19 ano 36 e soterrado nunha fosa común situada na contorna do coñecido establecemento hostaleiro o Gran Hotel de Lugo.

Dende a aposta por unha arte propioceptiva, concretada no uso do accionísmo en primeira persoa, a artista centra a súa intervención no acto de purificación ritual celebrado da escola, sita na Ribeira da que el era orixinario, que lle custou a vida ao avó.

A acción será documentada mediante vídeo e fotografía dixital. A peza ten a finalidade taumatúrxica de estiñar as feridas ,aínda abertas, na vida da artista e a da súa familia.

Do mesmo xeito que Varela, presenta os achados da súa escavación ritual, ou da súa investigación dende o persoal: a virxe que o alumando sufría na presidencia da aula, a carta derradeira carta do avó...  Obxectos que se presentan como as reliquias dun martirio laico.

Prieto,como é a súa costume, absorbe  a memoria do lugar e devólvenos o seu reflexo bituminoso, enriquecido, ao pasalo pólo súas peneiras de delicados e cálidos veludos.

Si no proxecto de Varela, ironizase sobre o xeito de construír a memoria colectiva oficial, a historia, na obra de Prieto, dende a vivencia persoal, engrandecese de xeito honesto e profundamente emocional a idea de memoria como rica vivencia a compartir e transmitir.

VISITAR GALERIA



2014.06.18.

Horario:


Descargar documentacion:
Tarjeta_NF.jpg


Volver


 



 

Sala X
Sala de Exposicións do Campus de Pontevedra
Rúa Maestranza, 2
36002 Pontevedra
T. 986 801807
sala-x@uvigo.es