Notice: Undefined variable: LISTA2 in /Library/WebServer/Documents/salax/_lib/_inc_actividades.php on line 291
Sala X | Vicerreitoría do Campus de Pontevedra :: Exposicións
Casa das Campas
Sala X Exposicións

Exposicións

 
 

2014.05.27
BIG BROTHERS. FILLOALDEA TV íntimamente pública

SALA X, Sala de Exposicións do Campus de Pontevedra

BIG BROTHERS. FILLOALDEA TV íntimamente pública

Grupo de experimentación poética Ad Hoc

Mércores 28 de maio
 

 O próximo 28 de maio, na Sala X, o grupo de experimentación poética Ad Hoc, desenvolve "Big Brothers. Filloaldea TV íntimamente pública".  

A Filloaldea é unha xornada intensiva de creación poético-experimental naque se improvisa música, acción e vídeo.  

A duración da xornada é de 8.30h a 21.30h, de forma ininterrumpida.  

O público pode seguir en directo, desde un monitor situado á entrada da Sala X, a actividade e procesos que se están a desenvolver dentro da sala que (ao estilo "Gran Hermano") permance pechada.
 

Foron a poesía e o amor á música a raíz. Xuntamos nun proxecto sen axenda definida,
sen plantilla. O nome vénnos ao pelo: onte podíamos ser dous, mañá, seis. Hoxe, porén,
cinco: Roque, Ramón, Pedro, Antonio e Lois. Din que a creación é un acto solitario. Para
nós, solidario. Que é unha especie de retiro silencioso e introspectivo. Para nós, un acto
de exploración compartida, ruidosa e silenciosa, sen plan previo e sen obxectivos.
Intencionadamente ineptos amateurs e radicales hedonistas, aprés la lettre.

A filloaldea é unha festa epicúrea na que cultivamos a música, a poesía e a acción
fraterna, amigable, humana. Facer por facer, facer por pracer. Isto é o que nos importa.
Medrar nesta indefinición, neste risco. Tan demodé. 

A "Filloaldea TV" é un chisco de ollo, unha ironía, un sarcasmo. Un acto de creación
colectiva, un ensaio, un proceso íntimamente público, un experimento de
compenetración temerariamente máxica e feliz. Erotismo en estado puro.
 
Ad Hoc é un grupo de experimentación poética nacido no 2004-2005. Está constituído na
actualidade por Antonio Rivas (baixo e produción), Pedro Lamas (teclado), Ramón Cruces
(guitarra), Roque Mosquera (batería) e Lois G. Magariños (voz e selección literaria).

Como grupo ten participado en numerosos e heteroxéneos proxectos de creación artística,
descentralizados e tamén institucionais. Cabe salientar a contribución realizada nos
FILOCAFÉS (encontros abertos de creación e expresión artística) en Allariz, Vigo,
Ponferrada, Tras os Montes, Lisboa, Porto, Rois, Santiago de Compostela, Rúa de Petín,
Boiro... Ten participado nas Xornadas de Arte de Acción da Facultade de Belas Artes da
Universidade de Vigo (2008), no Simpósium OVUM10+TDS. Encuentro de Poetas
Experimentales de Tarragona (2009), Poéticas para unha vida, Vigo (2010), Día Mundial da
Poesía, Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela (2011), Proyecto
de Land Art Natura i Art, Poblet, Tarragona (2011) e Chámalle X, Campus de Ourense da
Universidade de Vigo (2013).

http://adhocgz.blogspot.com.es/p/bio.html
http://adhocgz.blogspot.com.es/p/audio.html

SALA X - SALA DE EXPOSICIÓNS DO CAMPUS DE PONTEVEDRA

Facultade de Belas Artes
Calle Maestranza, 2
36002 Pontevedra
+34 986801807 | sala-x@uvigo.es | www.salax.uvigo.es

Coordinación: Mar Caldas

Horario:
De lunes a viernes
12-14 h. / 19-21 h.

 

 



2014.05.27.

Horario:


Descargar documentacion:
BIG BROTHERS.pdf


Volver


 



 

Sala X
Sala de Exposicións do Campus de Pontevedra
Rúa Maestranza, 2
36002 Pontevedra
T. 986 801807
sala-x@uvigo.es