Notice: Undefined variable: LISTA2 in /Library/WebServer/Documents/salax/_lib/_inc_actividades.php on line 291
Sala X | Vicerreitoría do Campus de Pontevedra :: Exposicións
Casa das Campas
Sala X Exposicións

Exposicións

 
 

2014.02.20
DEU CENTÍMETRES MÉS A PROP DEL CEL
  • Directora: Raquel Rei.
  • Produción: Paula Curcio.
  • Dirección de fotografía: Kim Brink.
  • Cámara: Kim Brink, Antón Corbal, Felipe Moran e Raquel Rei.
  • Iluminación: Kim Brink e Antón Corbal.
  • Gravación de son: Paula Curcio.
  • Montaxe: Felipe Moran.
  • Música: Habelas Hainas.
  • Postprodución de son: Alejandra Molina.
  • Titora do proxecto: Belkis Vega.
  • Produtor executivo: Ricardo Akershtein.
  • Produtora: 2MENTES / ECIB (Escola de Cinema de Barcelona)
  •  Duración: 25 
  • Idiomas: galego, catalán, castelán e inglés. 
  • Xénero: documental de crítica social con perspectiva de xénero. 
  • Aspectos técnicos: HD / Color. 24 ftp
  • LOGLINE.

Para unhas é un instrumento de tortura,  para  outras  a mellor forma de sedución feminina. Diferentes ideas ante un mesmo obxecto, o que nos demostra que os zapatos de tacón son moito máis que  simple calzado. Neste documental os tacóns convértense na metáfora que nos convida a reflexionar sobre como é o mundo polo que camiñamos.

  •  SINOPSIS.

 De todos os elementos que se identifica coas mulleres na nosa sociedade, probablemente  os  zapatos  de  tacón  están  entre  os  máis  significativos. E aínda  que  non  podemos entrevistalos ¿qué pasaría si convertésemos os tacóns nos protagonistas dun filme? Deu  centímetres més a prop del cel móstrase como un documental reflexivo de quen mira uns zapatos de tacón e ve unha oportunidade para falar sobre a construción do xénero. Da man da propia directora e acompañada por unha deseñadora de calzado, un podólogo, un  deseñador  de  moda,  unha  activista  feminista,  dúas ex-traballadoras do sexo e unha socióloga, o documental emprende unha viaxe para entender  ¿por qué para ser máis guapas e máis femininas temos que usar tacóns?

  • A DIRECTORA.

O seu punto de partida xeográfico é Moar, unha  pequena aldea da Galiza. O seu punto de partida persoal o feminismo e o documental. Raquel Rei fórmase en Maxisterio na USC e en Comunicación Audiovisual na UdC entre os anos 2002 e 2009. Pasa un tempo traballando como montadora e cámara e regresa ao mundo académico para realizar o Mestrado en Comunicación e Industrias Creativas (USC) e o Mestrado Internacional de Documental (ECIB) en Barcelona.

Entre tanto crea, xunto a Andrea Nunes, o colectivo As Candongas do Quirombo a través do cal da saída á súa creatividade  máis  experimental e poética. Caracterízadas pola crítica social, a visión de xénero e a autoproducción, crea diferentes obras como os videopoemas.

Todas as mulleres que fun, Helena a Escuras o Peça per peça; os documentais Deu centímetros més a prop del cel, A memoria da lingua, Meigawatios e Microdocus: do mar e outros ladrillos, entre otros traballos moi diversos.

A súa obra pode verse en:

 https://vimeo.com/raquelrei/videos

 http://ascandongasdoquirombo.wordpress.com/

 



2014.02.20.

Horario:


Descargar documentacion:
Ficha Tecnica_Deu_centimetres_mes.pdf


Volver


 



 

Sala X
Sala de Exposicións do Campus de Pontevedra
Rúa Maestranza, 2
36002 Pontevedra
T. 986 801807
sala-x@uvigo.es