Notice: Undefined variable: LISTA2 in /Library/WebServer/Documents/salax/_lib/_inc_actividades.php on line 291
Sala X | Vicerreitoría do Campus de Pontevedra :: Exposicións
Casa das Campas
Sala X Exposicións

Exposicións

 
 

2014.02.18
XÉNERO E ARTES VISUAIS EN UVIGO

 A SALA X, Sala de Exposicións do Campus de Pontevedra presenta

XÉNERO E ARTES VISUAIS EN UVIGO

Festival Miradas de Mujeres 2014

Inaugúrase o vindeiro xoves 6 de febreiro ás 20.00 horas, na Sala X, a exposición Xénero e Artes Visuais en Uvigo.

A mostra reúne proxectos artísticos con perspectiva de xénero e a prol da igualdade realizados na Universidade de Vigo.

A exposición, que permanecerá aberta até o próximo 26 de marzo, compleméntase co ciclo de documentais en feminino.

Ollar de Mulleres. Estas actividades programadas na Sala X forman parte de Miradas de Mujeres 2014; festival organizado por MAV (Mujeres en las Artes Visuales) co fin de outorgalle visibilidade e recoñecemento ao traballo das mulleres artistas.

 Xénero e Artes Visuais en Uvigo reúne proxectos artísticos con perspectiva de xénero e a prol da igualdade realizados na Universidade de Vigo. Obras en exposición, proxeccións e documentación informan do traballo desenvolvido nas súas salas expositivas e eventos, e por grupos de investigación.

A Sala Alterarte do Campus de Ourense amosa as obras máis recentemente incorporadas á súa colección das artistas Lidia Alonso, Andrea Costas, Olaia Fernández, Julia Ferradás e Rosalía Pazo Maside. Artistas que expuseron na Sala Alterarte no marco dos programas expositivos Estado Crítico nº 1 e 2 que se veñen desenvolvendo desde

 A Sala X, Sala de Exposicións do Campus de Pontevedra revisa o compromiso que mantivo co xénero desde a súa inauguración en 2005. Achega  documentación das seis exposicións máis salientables por reunir prácticas feministas e queers e por promover a produción artística de autoría feminina: Boas Pezas; Juan Hidalgo: Biografías; Ex profeso I; 25 de novembro. Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero; In-Out House. Circuitos de género y violencia en la era tecnológica; e, finalmente, Elas Fan Tech.

Chámalle X, Xornadas de Arte de Acción fai balance das achegas de mulleres artistas desde que comenzou a súa andaina en 2004. Para esta exposición realizouse unha compilación en vídeo que reúne extractos de performances realizadas por mulleres ao longo das súas dez edicións.

O Proxecto de Visibilización ARTISTAS, posto en marcha pola Unidade de Igualdade en 2011, deulle difusión ás obras de 84 alumnas da Universidade de Vigo das últimas tres promocións. Expóñense as tres coleccións de postais editadas e os traballos de María Prada e Nuria Bouzas Loureiro impresos en lona con motivo da 2ª edición do proxecto.

O Grupo de Investigación Interdisciplinar ES2, creado por Yolanda Herranz en 1995, ven desenvolvendo liñas de investigación/creación en torno ao xénero desde entón.

Na exposición percórrense as súas exposicións e publicacións e amósase unha selección de obras orixinais en pequeno formato das investigadoras/creadoras do grupo: Yolanda Herranz (Investigadora Principal), Mª Covadonga Barreiro, Celeste Garrido, Ana Gil, Basilisa Fiestras, Noemí Lorenzo, Beatriz Sieiro e Sonia Tourón.

O documental audiovisual Digna Rabia, dirixido pol@s investigador@s María Victoria Martins Rodríguez e Ángel Rodríguez Gallardo e co-realizado por Uvigo, proxéctase na Sala X en bucle. As dificultades e os distintos tipos de violencia que sufriron as mulleres galegas trala guerra civil, a creación de espazos de resistencia e liberdade fronte á dominación masculina son rememoradas nun relato coral que formula solucións perante unha situación de desigualdade para as mulleres que aínda persiste no presente.

A exposición Xénero e Artes Visuais en Uvigo compleméntase co ciclo de documentais Ollar de mulleres. Catro discursos visuais que miran ás mulleres desde novos lugares e novas posicións, promovendo transformacións sociais. As proxeccións, acompañadas de sesións de discusión coas súas autoras e autores, serán ás 19h dos seguintes xoves:

13.02.14 Uqui Permui, Doli, doli….. Coas Conserveiras. Rexistro de traballo.

20.02.14 Raquel Rey, Dez centímetros máis Perto do ceo.

27.02.14 Victoria Martins, Digna Rabia.

06.03.14 Teo Manuel Abad, Contraaluz (working progress).

A inauguración de Xénero e Artes Visuais en Uvigo terá lugar o próximo xoves 6 de febreiro, a partir das 20.00 horas, na Sala X, Sala de Exposicións do Campus de Pontevedra, Facultade de Belas Artes. A  exposición poderá visitarse de luns a venres laborables entre as 12.00 e as 14.00 e de 19.00 a 21.00 horas até o 26 de marzo.

Comisariado: Mar Caldas

Coordinación:   X. M. Buxán Bran / Almudena Fernández Fariña / Yolanda Herranz Pascual / Ángel Rodríguez Gallardo / Carlos Tejo

Para máis información:  

-Mar Caldas / Coordinadora da Sala X, Sala de Exposicións do Campus de Pontevedra / 620.74.12.18

 sala-x@uvigo.es



2014.02.18.

Horario:


Descargar documentacion:
María Prada Autorretrato como manta submarina 2010.jpg , Nota prensa galego.pdf , Rosalía Pazo Maside ST (serie Manufacturas Pazo) 2012.jpg , Sabela Peinado Casal Aullido interminable 2011.jpg , Tarjeta MM para mailing internet.jpg , Yolanda Herranz Mi vientre (serie Distancias y o Diferencias) 2007.jpg


Volver


 



 

Sala X
Sala de Exposicións do Campus de Pontevedra
Rúa Maestranza, 2
36002 Pontevedra
T. 986 801807
sala-x@uvigo.es