Notice: Undefined variable: LISTA2 in /Library/WebServer/Documents/salax/_lib/_inc_actividades.php on line 291
Sala X | Vicerreitoría do Campus de Pontevedra :: Exposicións
Casa das Campas
Sala X Exposicións

Exposicións

 
 

2014.02.09
OLLAR DE MULLERES

OLLAR  DE  MULLERES é  un  pequeno  ciclo  de  catro  documentais  sobre propostas que miran ás mulleres desde novos lugares e novas posicións.

 Lonxe das perspectivas tradicionais, estes novos discursos visuais en feminino promoven estimulantes procesos de transformación social.

 O ciclo organízase a partir das “olladas” singulares de cada obra audiovisual.

Coordinación: Ángel Rodríguez Gallardo

Lugar: Sala X, Sala de exposicións do Campus de Pontevedra

Ciclo de documentais. Proxeccións acompañadas de sesións de discusión coas súas autoras e autores

Datas: ás 19h, os xoves

  • 13.02.14 Uqui Permui, Doli, doli… coas conserveiras. Rexistro de traballo.
  • 20.02.14 Raquel Rei, Dez centímetros máis perto do ceo.
  • 27.02.14 Victoria Martins, Digna Rabia.
  • 06.03.14 Teo Manuel Abad, Contraaluz (working progress).

En  Doli,  doli...coas  conserveiras.  Rexistro  de  traballo,  a  realizadora  e deseñadora gráfica galega  Uqui Permui (Barallobre, Fene, 1964)  estimula o cenario público ao abrirnos ao debate sobre o pasado e o presente do traballo feminino. 

En  1989,  preto de cen mulleres, catro delas en folga de fame, pecháronse na fábrica  de  Odosa, na Illa de  Arousa, como  protesta ao  peche inminente  da  fábrica  de  conservas.  Mentres  estiveron  pechadas  gravaron  un documental contando “o conflito” laboral.

A partir dese material, Uqui Permui realizou  este  novo  documental  que  narra  a  historia  contada  polas  mesmas protagonistas, de modo que podemos facernos unha idea de como era e como  é o traballo nas fábricas de conserva e a relación laboral das mulleres. Cando a  fábrica  de  Odosa  ameazaba  con  pechar  en  1989,  non  apareceu  testemuña documental  de  que  aquelas  mulleres  levasen  trinta  e  algunhas  corenta  anos empregadas alí. As protagonistas do documental denuncian como o traballo das conserveiras se  considerou sempre un complemento do salario dos seus  compañeiros e non un salario en si mesmo, aínda que moitas vivan elas e os  seus fillos únicamente  deses  ingresos.  Unha  historia  de  solidariedade  e  de  empuxe por conseguir a dignidade.

En  Dez  centímetros  máis  perto  do  ceo,  a  documentalista  Raquel  Rei decide “ollar alto”, concentrándose nese instrumento de tortura e/ou seducción que son os tacóns, algo máis que “simple calzado”. Os tacóns funcionan como unha metáfora para reflexionarmos sobre como é o mundo polo que camiñamos. Convertidos os tacóns en protagonistas do documental, accedemos a un discurso reflexivo sobre como se constrúe o xénero, como se consegue a  apropiación da beleza e como se opta a máis cuotas de feminidade ao aceptar o uso dos tacóns.

En Digna Rabia, os investigadores da Universidade de Vigo Victoria Martins (Pontevedra, 1966) e  Ángel Rodríguez Gallardo (Salamanca, 1964) deciden empregar as ferramentas audiovisuais para “ollar a historia” en clave feminina. Digna  Rabia é  unha  denuncia  de  como  se  acentuou  a  desigualdade  das mulleres galegas durante a ditadura franquista. A historia das mulleres galegas  funciona como unha metáfora da falta de xustiza na sociedade actual e do desequilibrio permanente ao  contar a historia da humanidade, relatada maioritariamente desde unha perspectiva masculina.  O  relato  coral que nos presentan Martins e Gallardo propón algunhas novas propostas de discurso histórico e social.

O realizador  Teo  Manuel  Abad (A  Coruña,  1953)  propón un  novo “ollar da desigualdade” no  seu  documental en preparación  Contraaluz. Como se presenciasemos un taller de construción de documentais, o autor mostra partedas claves para construír unha obra  sobre a violencia  de xénero desde outra perspectiva, desde un novo discurso, desde unha nova mirada, sempre a partir de  novas  formas de  comprender  a  sensibilidade  dos  seres  humanos, especialmente  aqueles  tradicionalmente considerados máis excluídos.  Mulleres acosadas e maltratadas, sempre ameazadas, que non quixeron quedar na casa para  rumiar  a  súa desesperanza, que  decidiron pasar  a  acción,  con determinación e firmeza: mulleres que deciden forma parte activa da súa propia  defensa. Cando chega a noite, a eso das oito, transfórmanse. Acuden ao seu  ximnasio da súa cidade case todos os días, e descargan golpes contra un saco  de area, un adestrador, ou outra persoa. Practican un dos deportes máis antigos do mundo: o boxeo. É a visibilidade máxima de que as mulleres poden acabar co último bastión masculino: a forza bruta.



2014.02.09.

Horario:


Descargar documentacion:
OLLAR DE MUJERES.jpg , OLLAR DE MULLERES .pdf , Tarxeta ollar de mulleres.jpg


Volver


 



 

Sala X
Sala de Exposicións do Campus de Pontevedra
Rúa Maestranza, 2
36002 Pontevedra
T. 986 801807
sala-x@uvigo.es