Notice: Undefined variable: LISTA2 in /Library/WebServer/Documents/salax/_lib/_inc_actividades.php on line 291
Sala X | Vicerreitoría do Campus de Pontevedra :: Exposicións
Casa das Campas
Sala X Exposicións

Exposicións

 
 

2013.12.21
ELAS FAN TECH


  •     A exposición ELAS FAN TECH está integrada por artistas españolas e internacionais que veñen explorando as posibilidades expresivas dos medios tecnolóxicos na súa obra.
  •      Nas obras expostas aprópianse desa ferramenta tecnolóxica, tradicional-mente considerada masculina, para abordar diferentes posicionamentos conceptuais e romper estereotipos.
  • Son 12 artistas que entrecruzan o factor lúdico co científco, o humor coa fantasía ou a política, mesturando estética e ciencia en múltiples medios dixitais, como instalacións audiovisuais e obras interactivas.

 

  •          A mostra inaugurarase o vindeiro xoves 21 de novembro, ás 12.30 horas, na Sala X, na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Poderase visitar até o 17 de xaneiro de 2014, de luns a venres laborables entre as 12.00 e as 14.00 horas e de 19.00 a 21.00 horas.

 

Grazas á colaboración entre a Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo, a Vicerreitoría do Campus de Pontevedra acolle a mostra ELAS FAN TECH, un proxecto que foi exposto por primeira vez o 21 de xaneiro de 2013 en Normal, Espazo de Intervención Cultural da UDC. Algunhas das obras que se poderán ver na Sala X foron creadas en residencia artística en Normal e foron producidas pola Universidade da Coruña.

Anxela Caramés, comisaria da exposición, seleccionou mulleres que usan a tecnoloxía na súa produción artística, para tratar de ofrecer unha nova imaxe non estereotipada do uso desta ferramenta, que tradicionalmente foi considerada masculina. O proxecto expositivo reúne a 12 artistas españolas e internacionais que abordan as diferentes posibilidades expresivas dos medios tecnolóxicos, a través da elección das técnicas empleadas, os conceptos e as intencións.

En ELAS FAN TECH o espectador vólvese activo, búscase que interveña, que xogue e se interrogue sobre o que está a acontecer, xa que é confrontado con espazos e obras que deixaron de ser estáticas. A través dos novos medios electrónicos e dixitais, como o net-art, o ciberactivismo, o ciberfeminismo, a arte interactiva, a vídeo-instalación, o videoarte, a fotografía dixital, a arte sonora ou a realidade virtual e a realidade aumentada, cuestiónase como a arte é producida e mostrada, o que conleva unha nova valoración dos seus contidos, así como a súa función na sociedade.

O lúdico e o científco entrecrúzanse, xunto co humor, a fantasía ou a política, mesturando estética e ciencia en múltiples propostas artísticas. Podemos comprobalo na instalación audiovisual de Fátima Castaño, a peza de software art de Lilia Villafuerte, os traballos de mapping e tratamento dixital de Bego M. Santiago, Nuria Cano e Victoria Diehl, ou as obras interactivas de Anaisa Franco, Anna Katarina Martin, Francesca Mereu, Yasmina Morán e Inés Parcero, así como nas instalacións de Mariana Carranza e Chris Sugrue, as cales, malia participaren con obras non físicamente presentes en Pontevedra, poderánse visionar a modo de documentación audiovisual, xunto con outras obras que non puideron ser expostas nesta ocasión.

Polo tanto, as pezas que agora se poderán ver na Sala X son unha selección das 15 obras que participaron en Normal, xunto con algús traballos novos en relación á primeira exhibición, malia que sempre vinculadas ás que estiveron presentes na Coruña.

O proxecto ELAS FAN TECH xurdiu da colaboración con M-Artech, plataforma de mulleres, arte e tecnoloxía creada por Francesca Mereu en 2012, que trata de conectar, divulgar e visibilizar traballos nos que a presenza feminina nas novas tecnoloxías se afrma con potencia e rotundidade. Previamente, Francesca Mereu e Anxela Caramés, xa organizaran Muartech: Acciones híbridas desde el género y la tecnología, unhas xornadas de vídeo, conferencias e performances en Espacio Menosuno (Madrid), para conmemorar o 8 de marzo de 2011. Alén diso, o Congreso Internacional de Mujer Arte y Tecnología (CIMUAT) celebrado en 2010 na Universidad Politécnica de Valencia, e organizado por Empar Cubells e Mau Monleón, profesoras do Departamento de Escultura da Facultade de Belas Artes de San Carlos, serviu como canalizador da plataforma, poñendo en contacto á artista e á comisaria.

Para máis información:

  • Mar Caldas / Coordinadora da Sala X, Sala de Exposicións do Campus de Pontevedra    620.74.12.18 / sala-x@uvigo.es
  • Anxela Caramés / Comisaria da exposición 605.87.99.75 / carames.anxela@gmail.com
  • Web do proxecto ELAS FAN TECH:  http://cargocollective.com/elasfantech


Sala de Exposicións do campus de Pontevedra. Facultade de Belas Artes.
Rúa Maestranza,2 / 36002 Pontevedra / Tlf. 986 801 807
Horario de Luns a venres de 12:00 a 14:00 e de 19:00 a 21:00 h.



2013.12.21.

Horario:


Descargar documentacion:
Bego M..png , Inés Parcer.JPG , NOTA_de_prensa_ELAS_FAN_TECH.pdf , Tarxeta Elas Fan Tech_Sala X.jpg , Victoria Diehl (1).jpg , Yasmina Morán.JPG


Volver


 



 

Sala X
Sala de Exposicións do Campus de Pontevedra
Rúa Maestranza, 2
36002 Pontevedra
T. 986 801807
sala-x@uvigo.es