A
exposición aborda as relacións entre conxuntos de circulación,
comunicación e traxectorias espaciais. Das obras só se coñece o punto de
partida, sen controlar, a priori,
o percorrido e o punto de chegada. Trátase de introducir o desvío, o
descoñecido e o imprevisto. Crear ambivalencias. Interromper direccións.
Situación de correspondencia. À semellanza dunha carta postal, que
aquí se configura como dispositivo produtor de subxectividade,
preténdese converter este proceso nun proceso vivido, crendo à maneira deleuziana
que a produción artística non é comunicación, senón resistencia. Máis
interruptores e menos control. É nese percorrido onde cada un se
descobre, nese traxecto orientado cada un Destinatario Descoñecido.
Datas: Do 6 ao 26 de xuño de 2016 INAUGURACIÓN, LUNS 6 DE XUÑO ÁS 20 H.
Lugar: Sala – X. Sala de Exposicións do Campus de Pontevedra Facultade de Belas Artes. Rúa Maestranza, 2 - Pontevedra
Horario: De luns a venres das 12 ás 14 h e das 19 ás 21 h.
2016.06.03.
Sala – X. Sala de Exposicións do Campus de Pontevedra Facultade de Belas Artes. Rúa Maestranza, 2 - Pontevedra
Horario:
luns a venres das 12 ás 14 h e das 19 ás 21 h.
Descargar documentacion:
nota_de_prensa_def.01.pdf
|
|