Notice: Undefined variable: LISTA2 in /Library/WebServer/Documents/salax/_lib/_inc_actividades.php on line 291
Sala X | Vicerreitoría do Campus de Pontevedra :: Exposicións
Casa das Campas
Sala X Exposicións

Exposicións

 
 

2014.10.08
TRANSCURSOS#2
ÁLVARO NEGRO   CARLOS NIETO

DO WE OWE TO LIGHT?
 
TRANSCURSOS#2
 

  •   Inaugúrase o vindeiro xoves 9 de outubro ás 20.00 horas, na Sala *X, a segunda edición de TRANSCURSOS, programa expositivo dedicado a artistas que se formaron na Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
  •   Nesta exposición Álvaro Negro e Carlos Nieto tenden pontes entre o pasado e o presente, mostrando obras recentes en diálogo con obras realizadas na década dos 90.
  •   TRANSCURSOS#2 permanecerá aberta até o 20 de novembro

 
 
TRANSCURSOS é unha liña expositiva da Sala X que revisita a obra de artistas que, formándose na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, desenvolveron unha prolongada e destacada traxectoria profesional.
 
Nesta segunda edición traemos "de volta a casa" a Carlos Nieto (Ourense, 1969) -que empezou os seus estudos en Belas Artes coa apertura da Facultade en 1990- e a Álvaro Negro (Lalín, 1973) -que formou parte da súa segunda promoción.
 
Son artistas con proxectos artísticos sólidos, importantes, de perfecta coherencia. Teñen sido referentes de subsecuentes xeracións e especialmente inescusables para quen teña investigado nos ámbitos do video, da pintura e das súas aperturas na arte contemporánea. É neses percorridos cara ás expansións e derivas das tradicionais disciplinas onde os seus intereses e procuras converxen: Álvaro Negro e Carlos Nieto subscriben a mesma pregunta, Do We Owe to Light?
 
Os traballos escollidos para esta exposición son representativos das súas respectivas traxectorias e indagacións estéticas. E, especificamente para esta mostra, ambos tenderon pontes entre presente e pasado baixo un mesmo xesto: revisitando obras realizadas na década dos 90 en diálogo e en contraposición con obras de produción moi recente; mirando o traballo actual á luz das primeiras preguntas.
 
As obras en exposición de Álvaro Negro, trazando fortes nexos entre os inicios e actuais traballos, flúe entre a pintura, a escultura, a imaxe en movemento e a fotografía. Empregando soportes, técnicas e medios -aparentemente dispares- harmoniza preocupacións formais como a composición bidimensional, a variación tonal ou a repetición de elementos. 
 
Así, no vídeo gravado na ruína dunha casa unifamiliar deseñada por Vittorio Gregotti en A Estrada -paralizada na súa primeira fase de construción- o edificio é para Álvaro Negro un medio desde onde facer aflorar a forma: a exploración da arquitectura é ocasión para compor o plano; o percorrido da cámara polas súas columnas, ocos ou vans devólvenos unha imaxe abstracta.
 
Carlos Nieto expón tres pezas en vídeo. Dous delas -en monocanal, branco e negro, sen son- son de mediados e finais dos 90. Os seus vínculos residen na formulación a nivel de estrutura e na percepción, a variación e a consistencia, a nivel conceptual. Con todo, unha destas obras foi repensada desde o presente: o transcurso destes anos permitiulle reprocesala e reeditala desde novas perspectivas e, por primeira vez, a mostra ao público.
 
O terceiro traballo en vídeo de Carlos Nieto, de 2014, contrasta cos anteriores non só por acoller a cor e o son -ou a alta definición, propia do presente- senón por establecer un diálogo, en termos de réplica, respecto das estratexias de posta en escena e a forma de tratar a relación imaxe-tempo-representación que caracterizaran aos seus anteriores traballos.
 
A exposición TRANSCURSOS#2 inaugurarase o vindeiro xoves 9 de outubro, a partir das 20.00 horas, na Sala X, Sala de Exposicións do Campus de Pontevedra, Facultade de Belas Artes. A exposición poderá visitarse de luns a venres laborables entre as 12.00 e as 14.00 e de 19.00 a 21.00 horas até o 20 de novembro.
  
Para máis información:
-Mar Caldas / Comisaria da exposición / 620.74.12.18 /
-Ignacio Barcia / Coordinador da Sala X, Sala de Exposicións do Campus de Pontevedra /
986.801807 /sala-x@uvigo.es




SALA X - SALA DE EXPOSICIÓNS DO CAMPUS DE PONTEVEDRA

Facultade de Belas Artes

Calle Maestranza, 2
36002 Pontevedra
+34 986801807 | sala-x@uvigo.es | www.salax.uvigo.es

Coordinación: Mar Caldas

Horario:
De lunes a viernes
12-14 h. / 19-21 h.

 



2014.10.08.

Horario:


Descargar documentacion:
Álvaro Negro.jpeg , Álvaro Negro2.jpg , Carlos Nieto1.jpg , Carlos Nieto2.jpg , Nota prensa castellano.pdf , Nota prensa galego.pdf , TARXETA TRANSCURSOS.jpeg


Volver


 



 

Sala X
Sala de Exposicións do Campus de Pontevedra
Rúa Maestranza, 2
36002 Pontevedra
T. 986 801807
sala-x@uvigo.es